O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de mayo de 2018

Éxito da carreira solidaria Nico e Alma

O venres 18 levouse a cabo a carreira solidaria e non competitiva organizada polo alumnado de 4º B. Podemos dicir que a carreira foi todo un éxito!!! Cunha organización impecable, participaron 80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente e membros do Refuxio de Cambados, asociación para a cal se recadaban os fondos e que participaron na carreira correndo con 2 dos cans do refuxio.

A clase de 4º ESO A, foi declarada a máis solidaria por participar na carreira o 100% do seu alumnado. Foille entregado un diploma  que podedes ver no seguinte enlace https://drive.google.com/file/d/0B73JXGyhau5fYUpTX0tUQm1xQVRaY3ZGUmdBcHBCYTNsc01r/view?usp=sharing

Ademais, 5 parellas TEI participaron na carreira. Bravo por eles/as!!!!
Ao longo desta semana os participantes poderán entregar os seus donativos. O próximo venres, estes serán entregados ao Refuxio de Cambados.
Seguiremos informando.

sábado, 12 de mayo de 2018

Cartel da carreira solidaria

Este venres o alumnado de 4ºB amosounos o bonito cartel que deseñaron para promocionar a carreira solidaria e non competitiva que están a organizar. A carreira leva o nome dos cans da escritora María Victoria Moreno, Alma e Nico, e os cartos recadados irán dirixidos a axudar á protectora de animais de Cambados.



miércoles, 9 de mayo de 2018

Carreira solidaria no IES As Bizocas

No Diario de Arousa do día de hoxe, sae publicado o artigo que o alumnado de 4ºB enviou sobre a carreira solidaria que en homenaxe á escritoria María Victoria Moreno están preparando. Aquí tendes o artigo.

martes, 24 de abril de 2018

Carreira solidaria e non competitiva para celebrar o Día das Letras Galegas

O alumnado de 4º ESO B, dentro da UD de organización de actividades e eventos deportivos, está a organizar unha carreira solidaria e non competitiva a celebrar no insti o día 18 de maio, para homenaxear á escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018.
Seguiremos informando......




martes, 17 de abril de 2018

Lección de anatomía de Cristiano Ronaldo

Aquí vos deixo un artigo publicado no periódico El Mundo o 14 de abril, no que o corpo de Cristiano Ronaldo serve como base dunha lección de anatomía. Dos 13 músculos sinalados, un está incorrectamente ubicado ¿Anímádesvos a descobrir cal?
http://www.elmundo.es/loc/celebrities/2018/04/14/5ad0f01cca474196058b45f7.html

viernes, 13 de abril de 2018

Traballos voluntarios 3ª avaliación

Como sabedes, en cada avaliación tendes a oportunidade de entregar un traballo voluntario, co que podedes conseguir ata 1 punto.
No seguinte enlace podedes atopar as posibles temáticas para cada curso, así como os criterios de corrección.
Data tope de entrega, 11 de xuño.https://drive.google.com/open?id=1_4MxMR9DYw_0kcMQ7gINBXT4S4u2_H71

Calendario actuación grupos de 4º modificado

Adxúntase o calendario con datas modificadas trala imposibilidade comentada por algúns grupos de ter clase o día 17 de abril debido a actividade de Lingua Galega.
https://drive.google.com/open?id=1Se8orML5588glc_Q16zxjKmwGo_7QKuO

lunes, 15 de enero de 2018

Comenzamos!


Ola a todos/as:

Hoxe inauguramos este blog, que pretende poñer en contacto ao alumnado do IES As Bizocas con contidos da materia de Educación Física, buscando ampliar os coñecementos e formación do noso alumnado, ademáis de dar visibilidade a actividades feitas nas clases.
Tamén utilizaremos este medio como altofalante para dar a coñecer a todos os membros da nosa comunidade educativa, as actividades que faremos neste curso dentro do proxecto do Plan Proxecta que estamos a levar cos grupos TEI do centro, "Educación en valores e cidadanía global"

Benvidos!