O venres 18 levouse a cabo a carreira solidaria e non competitiva organizada polo alumnado de 4º B. Podemos dicir que a carreira foi todo un éxito!!! Cunha organización impecable, participaron 80 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente e membros do Refuxio de Cambados, asociación para a cal se recadaban os fondos e que participaron na carreira correndo con 2 dos cans do refuxio.
A clase de 4º ESO A, foi declarada a máis solidaria por participar na carreira o 100% do seu alumnado. Foille entregado un diploma que podedes ver no seguinte enlace https://drive.google.com/file/d/0B73JXGyhau5fYUpTX0tUQm1xQVRaY3ZGUmdBcHBCYTNsc01r/view?usp=sharing
Ademais, 5 parellas TEI participaron na carreira. Bravo por eles/as!!!!
Ao longo desta semana os participantes poderán entregar os seus donativos. O próximo venres, estes serán entregados ao Refuxio de Cambados.
Seguiremos informando.
O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
En este enlace encontraréis los apuntes de la UD4 "De las habilidades de lucha al judo cooperativo" https://drive.google.com/ope...
-
Bos días: Poño no voso coñecemento a iniciativa educativa que a RTVE vai a por en marcha dende mañán luns día 23, que inclúe os mércores,...
-
No día de onte, xoves, o alumnado de 4ºB fixo entrega á ONG Por una sonrisa , do material recadado na carreira solidaria Antonio Fraguas c...
No hay comentarios:
Publicar un comentario