O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de mayo de 2018

Carreira solidaria no IES As Bizocas

No Diario de Arousa do día de hoxe, sae publicado o artigo que o alumnado de 4ºB enviou sobre a carreira solidaria que en homenaxe á escritoria María Victoria Moreno están preparando. Aquí tendes o artigo.

miércoles, 25 de abril de 2018

2º ESO. Ficha 1 repaso judo.

Premendo no seguinte enlace podedes acceder á ficha de repaso do contido teórico da UD de habilidades de loita.
Lembrade que a data tope para entregala é o mércores 3 de maio para 2ºB e o xoves 4 de maio para 2ºA.
Podedes conseguir ata 1 punto que sumará no apartado teórico da materia.
https://drive.google.com/open?id=1CATpFOcTH-Wm0f_rR19g27l8advxGZiB

3ºESO. Ficha 1 rugby

Ola!
Premendo no seguinte enlace accederedes á ficha 1 de repaso do contido teórico da presente UD.
Non vos esquezades de entregala porque suma no apartado teórico ata 1 punto.
A data tope para entregala é o mércores 9 de maio.

https://drive.google.com/open?id=1FrRun5Tjf2kU5i7biwKgL3URuHCGIKoP

martes, 24 de abril de 2018

Carreira solidaria e non competitiva para celebrar o Día das Letras Galegas

O alumnado de 4º ESO B, dentro da UD de organización de actividades e eventos deportivos, está a organizar unha carreira solidaria e non competitiva a celebrar no insti o día 18 de maio, para homenaxear á escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018.
Seguiremos informando......




lunes, 15 de enero de 2018

Comenzamos!


Ola a todos/as:

Hoxe inauguramos este blog, que pretende poñer en contacto ao alumnado do IES As Bizocas con contidos da materia de Educación Física, buscando ampliar os coñecementos e formación do noso alumnado, ademáis de dar visibilidade a actividades feitas nas clases.
Tamén utilizaremos este medio como altofalante para dar a coñecer a todos os membros da nosa comunidade educativa, as actividades que faremos neste curso dentro do proxecto do Plan Proxecta que estamos a levar cos grupos TEI do centro, "Educación en valores e cidadanía global"

Benvidos!