O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

A continuación  déixovos a actuación da comparsa dos profesores/as do IES As Bizocas. Todo un alarde de inxenio, crítica e ironía. Premendo na foto do grupo no escenario, poderedes ver a actuación completa.

miércoles, 6 de marzo de 2019

Celebración do 8M


Clicando no seguinte enlace poderedes acceder ao cartel da actividade ca que imos celebrar o 8 de Marzo no noso centro. Animádevos a participar!!!

miércoles, 30 de enero de 2019

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro foi celebrado polo alumnado de formas variadas pero en todo caso, comprometidas ca paz e co rexeitamento a todo tipo de violencia.

  • O alumnado de 4º recreou, dunha forma moi persoal, o cadro "El Abrazo" de Juan Genovés.

  

  • O alumnado de 3ºA amosou o seu rexeitamento á violencia, tamén a través dun abrazo colectivo.
  • Pola súa banda, o alumnado de 1º decidíu amosar tarxeta vermella á violencia.



viernes, 23 de noviembre de 2018

O 25N no IES As Bizocas

O Departamento de Educación Física, empapelando as portas do seu aula de morado e cunhas  viñetas de Luis Davila, súmase ás actividades que no IES se levan a cabo para conmemorar esta data.
Aquí vos deixamos unhas imaxes.
Desexamos que en poucos anos, o 25N deixe de conmemorarse, por non ter xa senso.

miércoles, 9 de mayo de 2018

Carreira solidaria no IES As Bizocas

No Diario de Arousa do día de hoxe, sae publicado o artigo que o alumnado de 4ºB enviou sobre a carreira solidaria que en homenaxe á escritoria María Victoria Moreno están preparando. Aquí tendes o artigo.

lunes, 15 de enero de 2018

Comenzamos!


Ola a todos/as:

Hoxe inauguramos este blog, que pretende poñer en contacto ao alumnado do IES As Bizocas con contidos da materia de Educación Física, buscando ampliar os coñecementos e formación do noso alumnado, ademáis de dar visibilidade a actividades feitas nas clases.
Tamén utilizaremos este medio como altofalante para dar a coñecer a todos os membros da nosa comunidade educativa, as actividades que faremos neste curso dentro do proxecto do Plan Proxecta que estamos a levar cos grupos TEI do centro, "Educación en valores e cidadanía global"

Benvidos!