O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo

lunes, 23 de marzo de 2020

2º ESO.ACTIVIDADES PARA A SEGUNDA SEMANA DE ILLAMENTO

Ola alumnado de 2º!

Déixovos 2 archivos con actividades para que poidades ir facendo ao voso ritmo, e que cando as teñades feitas, mas mandedes polo correo. A idea é que a través desta tarefas sigades repasando os contidos e non perdades ritmo de traballo.
-Unha das actividades é un documento con algúns dos pasatempos que me fostes enviando (algúns nos os incluín porque non se vían ben, ou porque eran moitos pasatempos do mesmo tipo..). Seguirei eleborando outros documentos cos que me sigan chegando.
-Outras das actividades é o visionado dun vídeo sobre a ximnasta Nadia Comaneci, e a contestación a unhas preguntas. Fixádevos co vídeo volo divido en 3 partes para que vos sexa mais doado facela actividade.
Poñemos como prazo de entrega o próximo luns día 30, pero como vos dixen ao principio, non vos preocupedes moito polos prazos e ide facendo as actividades ao voso ritmo.
Tamén vos invito a que fagades un pouco de actividae física da día. É bo para o corpo e para a mente. No blog vos colguei varias posibilidades para facer na casa.
Moito ánimo a tod@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario