O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO; 2ºESO; 3ºESO; 4º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO; 2ºESO; 3ºESO; 4º ESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de octubre de 2020

DEBERES SAUDABLES DO PRIMEIRO TRIMESTRE ( PARA TODOS OS CURSOS)

 Ola a todos/as!

Aquí vos deixo o documento no que se explica o reto saudable que se vos propón para este primeiro trimestre ( Tamén o tendes colgado na vosa aula virtual).

 O obxectivo é que fagades actividade física no voso tempo libre, neste caso, a través do RETO RUN durante polo menos, 6 semanas. Se conseguides que un amigo/a ou famliar se anime a facer o reto, conseguiredes un dobre obxectivo, loitar contra o sendentarismo e mellorar a saúde, a vosa e a da persoa que vos acompañe. 

Moito ánimo e a polo reto!💪💪


DEBERES SAUDABLES PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE



viernes, 9 de octubre de 2020

UD1: coñecendo as emocións / conociendo las emociones

Este curso o comenzamos cunha UD adicada ás emocións. Traballámola en todos os cursos, como unha forma de coñecer, expresar e recoñecer as emocións que condicionan e conducen todo o que facemos. Chegado o momento de avaliar esta unidade, inxerimos os seguintes enlaces para que poidades acceder tanto ao contido da UD (as diapositivas que puxen en clase), como ao procedemento a seguir para avaliar esta UD, en cada un dos cursos. 




sábado, 20 de junio de 2020

APPS gratuitas para manternos en forma durante o verán

O verán é sinónimo de calor e tempo libre. No seguinte enlace tendes información de ata 10 APPS que vos poden axudar a seguir facendo actividade física durante o verán e recuperarnos dos estragos que nalgúns casos o confinamento provocou no noso estado de forma.
Moito ánimo! Desfrutade das vacacións pero sempre, facendo actividade física!

Bo e activo verán a todos/as!


domingo, 17 de mayo de 2020

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 23 DE MAIO

Nos seguintes enlaces atoparedes as tarefas que se propoñen para os diferentes cursos.
Boa semana a todas y todos.

1º ESO          2º ESO         3º ESO       4º ESO

sábado, 16 de mayo de 2020

Artigo: Cada kilo de más tiene un impacto de 4 sobre la rodilla

Ola!
Hoxe vos propoño a lectura deste artigo no que Felipe Murga, Licenciado en Educación Física,  Doctor en Morfoloxía Médica e que colabora co R.C. Celta de Vigo a través da súa clínica, danos unha serie de consellos de como debemos voltar á práctica deportiva tras o confinamento. 
Lectura moi recomendable.

domingo, 10 de mayo de 2020

Tarefas para a semana do 11 ao 16 de maio.

Cada un dos cursos atopará aquí o enlaces para as tarefas que dende o Departamento de Educación Física se propoñen para esta semana.

Boa semana a todas/os!





lunes, 27 de abril de 2020

TAREFA PARA CADA UN DOS CURSOS. SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

Bos días!
Nos seguintes enlaces déixovos as tarefas para esta semana, para cada un dos cursos.

1ºESO. Abriendo el siguiente enlace accederéis a vuestra tarea.  Tarea 1º ESO

2ºESO. Accederedes a vosa tarefa, a través do seguinte enlace.    Tarefa 2º ESO

3ºESO. Aquí vos deixo a vosa tarefa para esta semana. Tarefa 3º ESO

4º ESO. A través do seguinte enlace accederedes a vosa tarefa. Tarefa 4º ESO

jueves, 23 de abril de 2020

RETO DEPORTIVO

Seguimos recibindo creacións de material deportivo do noso alumnado. Nesta ocasión é Yago G. Currás quen nos fixo chegar o material creado por el, unha canasta "de interior".

Grazas Yago pola túa aportación!

martes, 21 de abril de 2020

Actividade semana do 20 ao 26 de abril

Bos días!
Para esta semana temos unha actividade interdisciplinar para celebrar varias efemérides:
-O Día da Terra: mércores 22 de abril
-O día do Libro: xoves 23 de abril
-O Día da EF na casa: martes 28 de abril
Nesta actividade interdisciplinar participamos varios departamnetos e xa fóstedes informados da mesma vía correo electrónico.O enlace desta actividade é este:


Ademais, colgueivos esta enquisa que tendes que cubrir e enviarme antes do venres 24.


Saúdos e moitos ánimos!
Pili

jueves, 9 de abril de 2020

RETO DEPORTIVO.

A cabesiña non para nin en Semana Santa!. Dous novos alumnos súmanse ao noso reto. Martín Prol de 4º e Eloy Iglesias de 1º, fxéronnos chegar as súas ideas para usar como material deportivo, material que puideron atopar por casa. Aquí vos deixo as súas creacións.

lunes, 6 de abril de 2020

RETO DEPORTIVO.

Segue a sumarse alumnado ao reto que lanzamos. 👏
Hoxe é Xulia, alumna de 2º, quen nos amosa que a falta de pesas, boa é unha garrafa.
Grazas Xulia! 😉


6 de abril, Día Mundial da Actividade Física 2020: cuarentena en movemento.

Neste 6 de abril, Día Mundial da Actividade Física e Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, conflúe a esencia da Educación Física e Deportiva. Non podemos esquecer a importancia do movemento, pero non só para a saúde, xa que a través del, a educación física contribue ao desenvolvemento integral das persoas.
O confinamento non pode ser excusa para que o sedentarismo e a inactividade física se instalen no noso día a día,  ao contrario, esta situación pode ser unha oportunidade para poder ter  mais tempo para realizar exercicio físico. Por iso abogamos por unha  CUARENTENA EN MOVEMENTO!

A Unesco decidiu proclamar o 6 de abril como o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, co obxectivo de concienciar acerca do papel que o deporte pode desempeñar na promoción dos dereitos humanos e no desenvolvemento económico e social.

Na Resolución do 23 de agosto de 2013 a Unesco sinala que a celebración deste Día reafirma o recoñecemento do:

  • Potencial do deporte para contribuir á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, destacando que o deporte pode promover a paz e o progreso e contribuir a á creación dun entorno de tolerancia e comprensión.
  • Do deporte como instrumento para a educación, o progreso e a paz, que promove a cooperación, a solidaridade, a tolerancia, a comprensión, a inclusión social e a saúde nos planos local, nacional e internacional.
  • Da promoción dos estilos de vida sans, especialmente mediante a actividade física, para a prevención e o control das enfermedades non transmisibles.
  • Por toso o anterior: cuarentena en movemento.

sábado, 4 de abril de 2020

Vídeo de ánimo para todo@s os Bizoc@s.

Déixovos aquí un vídeo de momentos vividos no centro e na clase de Educación Física, neste curso. Con todo o meu cariño, espero que vos guste e anime.
 Moitos ánimos bizoc@s!!

viernes, 3 de abril de 2020

RETO DEPORTIVO

Seguen a chegarnos mostras do inxenio do alumnado á hora de crear e idear material deportivo co que facer actividade física na casa. 
Leire, alumna de 2º, amósanos que a falta de pesas, bos son uns cartóns ( de leite, zume..), para poder traballar a nosa forza con sobrecarga.
Grazas Leire!😉