O confinamento non pode ser excusa para que o sedentarismo e a inactividade física se instalen no noso día a día, ao contrario, esta situación pode ser unha oportunidade para poder ter mais tempo para realizar exercicio físico. Por iso abogamos por unha CUARENTENA EN MOVEMENTO!
A Unesco decidiu proclamar o 6 de abril como o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, co obxectivo de concienciar acerca do papel que o deporte pode desempeñar na promoción dos dereitos humanos e no desenvolvemento económico e social.
Na Resolución do 23 de agosto de 2013 a Unesco sinala que a celebración deste Día reafirma o recoñecemento do:
- Potencial do deporte para contribuir á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, destacando que o deporte pode promover a paz e o progreso e contribuir a á creación dun entorno de tolerancia e comprensión.
- Do deporte como instrumento para a educación, o progreso e a paz, que promove a cooperación, a solidaridade, a tolerancia, a comprensión, a inclusión social e a saúde nos planos local, nacional e internacional.
- Da promoción dos estilos de vida sans, especialmente mediante a actividade física, para a prevención e o control das enfermedades non transmisibles.
- Por toso o anterior: cuarentena en movemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario