Este será o medio que utilizarei para comunicarme con vós nestes días de suspensión das clases.
Lembrade que temos operativa a dirección de correo efbizocas@gmail.com para que persoalmente poidades comunicarvos conmigo.
Durante este tempo, seguide as recomendacións que as autoridades estableceron para evitar mais contaxios. Saíde a facer actividade física ao aire libre. Evitade estar en sitios pechados con moita xente, mantede a prudencia dun metro de distancia con calquera outra persoa e lavádeos as mans frecuentemente.
Estaremos en contacto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario