O alumnado de 4º asistiu hoxe á charla que os adestradores do equipo Celta Integra ( Alex Abalde e Diego Fernández) e o delegado do equipo (Fran Díaz), deron para dar a coñecer o proxecto que o R.C.Celta de Vigo puso en marcha hay xa 4 tempadas: a formación dun equipo de fútbol integrado por persoas discapacitadas intelectuais.
Faláronlle do que para eles e para os deportistas do equipo supón formar parte deste proxecto, xa unha familia. Faláronlle de ilusión, de motivación, de crecemento persoal tanto deles, como dos integrantes do equipo, de superación e de inclusión.
Aquí vos deixo unhas fotografás da interesante charla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario