O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo
Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO; Organización e planificación;. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º ESO; Organización e planificación;. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2019

Preparando o festival de fin de curso

Este curso é o alumnado de 4ºB  o encargado de organizar o evento  festival fin de curso.
Aquí se amosan algúns momentos da súa preparación, no que tamén se celebrará o acto de graduación do alumnado de 4º.







martes, 4 de junio de 2019

Deporte inclusivo coa Asociación Juan XXIII

Como continuación da sesión que tivemos o pasado martes día 21 de maio, organizada pola "empresa" Disport, hoxe tivemos unha sesión de deporte adaptado cos membros do equipo de fútbol da Asociación Juan XXIII. Resultou unha sesión de fortes emocións onde a solidariedade e o traballo inclusivo en equipo foron os protagonistas. Aquí vos deixamos unhas imaxes desta actividade que esperemos axude a reflexionar en torno ao concepto de discapacidade, a solidaridade e a empatía.




sábado, 1 de junio de 2019

Sesión de parkur

O xoves tivemos unha sesión moi interesante de iniciación ao parkur impartida por Juan, un dos alumnos de 4ºB e membro da "empresa" que hoxe tiña que organizar a actividade. Foi unha clase moi didáctica, orixinal e que gustou moito aos seus compañeiros/as.
Aquí vos deixamos algunhas fotografías de esta sesión na que o alumnado é o protagonista absoluto da sesión.









domingo, 26 de mayo de 2019

Asociación Juan XXIII

O pasado martes, dentro da UD de organización de actividades e eventos, recibimos a visita de persoal e usuarios da Asociación Juan XXII de Pontevedra, asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación  integral das persoas con discapacidade intelectual. 
A psicóloga do centro, Raquel, e unha das usuarias, Noe, contáronnos a labor que fan no centro. Nesta labor de formación, a actividade física e deportiva ocupa un lugar destacado nos programas que esta asociación oferta aos seus usuarios.
A charla foi enormemente instructiva. Teremos a sorte de que o próximo día 4 de xuño recibiremos a visita de parte do equipo de fútbol da asociación, para levar a cabo unha sesión de deporte inclusivo co noso alumnado de 4ºA.


martes, 5 de junio de 2018

4º ESO. Organización e planificación de actividades e eventos deportivos

Hoxe o grupo de Laura, Kirenia e Soraya organizaron, para os seus compañeiros de 4ºB, unha sesión de traballo en equipo onde a elaboración de figuras humanas foi a protagonista dunha orixinal e divertida sesión. Aquí vos deixo algunhas das figuras que tiveron que facer.