O pasado martes, dentro da UD de organización de actividades e eventos, recibimos a visita de persoal e usuarios da Asociación Juan XXII de Pontevedra, asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación integral das persoas con discapacidade intelectual.
A psicóloga do centro, Raquel, e unha das usuarias, Noe, contáronnos a labor que fan no centro. Nesta labor de formación, a actividade física e deportiva ocupa un lugar destacado nos programas que esta asociación oferta aos seus usuarios.
A charla foi enormemente instructiva. Teremos a sorte de que o próximo día 4 de xuño recibiremos a visita de parte do equipo de fútbol da asociación, para levar a cabo unha sesión de deporte inclusivo co noso alumnado de 4ºA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario