Espero que tanto vós como a vosa familia esteades ben, iso é o mellor.
Para esta 3ª semana de illamento, que coincide ca anterior ás vacacións de Semana Santa, na que toda a avaliación está xa rematada, déixovos 2 suxerencias de actividade física. A primeira, bodycombat, unha actividade que fará que traballedes tanto a forza como a resistencia e ademais, pode axudarvos a expulsar as emocións negativas que podedes estar sentindo tras xa dúas semanas pechados/as na casa. O enlace que vos poño desta actividade é a primeira que se colgou. Só tendes que ir cambiando o último número que aparece no enlace para ir pasando a outra proposta de bodycombat.
A segunda suxerencia é para facer actividade física con outra persoa necesariamente (moi apta para facela en familia) e é a Oca da Actividade física.
Lembrade que o noso reto tamén segue ahí!
Gustaríame que me mandárades algunha fotografía ou pequeno vídeo (de non mais de 30 segundos), facendo algunha destas actividades.
Saúdos e moitos ánimos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario