Bos días alumnas e alumnos de 4º!
Esta non é a despedida que todos esperabamos, pero as circunstancias son as que son.
No seguinte enlace poderedes ver unha serie de fotografías que recopilei nos dous últimos cursos. Espero que axuden a lembrar cun sorriso o voso paso polo centro e tamén, recordar a compañeiras e compañeiros que se ben comenzaron con vós esta viaxe, a remataron antes de tempo por motivos diversos.
Deséxovos moita sorte e espero de verdade que poidades cumprir os vosos soños 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario