O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo

martes, 19 de mayo de 2020

COIDADO COS INFLUENCER PRESCRIPTORES DE EXERCICIO FÍSICO


Se che preocup a túa saude, ollo!


O Colexio Oficial de Licenciados/as en Educación Física, ven de denunciar a cantidade de personaxes, influencers e xente variada que sen ter a mais mínima titulación que os acrediten para poder prescribir exercicio físico, pululan polos medios de comunicación e redes sociais e contan con miles de seguidores.
A demanda e o interés que xeneran a actividade física, a educación física e o deporte, así como os sus posibles efectos beneficiosos sobre as dimensións física, psicolóxica e social das persoas, fixeron que nos medios de comunicación e redes sociais  se ofreceran numerosas recomendacións de práctica físico-deportiva  que, en demasiadas ocasións, transgrede os principios do adestramento e pon en risco a saúde e seguridade das persoas que van  realizar unha práctica físico-deportiva.
Se te preocupas pola túa saúde, fai caso das recomendacións do teu profesor / da túa profesora de Educación Física. É quen mellor te coñece e quen mellor te poderá aconsellar.
Aquí che deixo o enlace do decálogo de recomendación que dende o COLEF faise aos medios de comunicación para que informen, con rigor, sobre a actividades física, a Educación Física e o deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario