Bos días!
Hoxe, martes 28
de abril celébrase o Día da Educación Física na Casa, promovido polo Colefd (Colegio de Licenciados y
Graduados en Educación Física) e o CSD (Consejo Superior de Deportes), co
obxectivo de visualizar a importancia do movemento na nosa saúde, física,
social e psicolóxica, sobre todo neste momento de confinamento.
O reto para ese día é inundar
as redes sociais co hashtag #DEFC2020 ou #DEFR2020 (Día da Ef na Rúa), co
obxectivo de que este hashtag sexa
trending topic en todas as redes sociais:
Twitter, Facebook, Instagram, Tik Tok…
¿Como
podedes axudar a conseguir este obxectivo?
Subindo hoxe ás vosas redes sociais (ou a
dos voso familiares), un vídeo ou unha foto facendo actividade física (podedes aproveitar para facer e subir a actividade que vos propuxen para esta semana). Se vos
animades, por favo, no texto
da publicación incluíde o hashtag #DEFC2020 ou #DEFR2020 e nomear ao noso instituto.
Podedes mandarme un correo
contándome que subistes o voso vídeo ás redes sociais.
Grazas de antemán a todos/as e sigamos
movéndonos!
"Un
cuerpo débil debilita al espíritu".
Jean Jacques Rousseau (1712 y 1778)
No hay comentarios:
Publicar un comentario