O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo

martes, 11 de junio de 2019

Torneo 4 Nacións de rugby touch

Hoxe rematamos o noso particular torneo 4 nacións de rugby touch co alumnado de 3º.
No caso de 3ºA, resultou gañador o equipo dos All Blacks (Nueva Zelanda) e en 3ºB, o equipo dos 15 do León (España). Como MVPs foron elixidos polos seus compañeiros/as, Manuel e Julia en 3º A e no caso de 3ºB, houbo igualdade no MVP masculino, quedando empatados a 4 puntos Martín e Nicolás, e sendo elixida mellor xogadora, Lola. Noraboa a todos/as.
Aquí vos deixamos unhas imaxes da entrega de trofeos que puso o punto e final a esta UD.
Grupo de 3ºB posando co equipo gañador e MVPs do torneo

Posa o equipo de España, gañador en 3ºB, equipo ao que pertence Martín , un dos MVP masculinos

O Grupo de 3ºA. Manuel amosa orgulloso a súa medalla de MVP masculino

Posa o equipo All Blacks co seu trofeo de campión e Julia coa súa medalla de MVP feminina

No hay comentarios:

Publicar un comentario