Tralo visionado da película Campeones, o alumnado de 1º ESO tentou porse no lugar dos protagonistas da película, neste caso, padecendo algúns unha discapacidade visual (visionado só por un ollo) e outros, unha discapacidade física que lles dificultaba o desprazamento. Ao final comentaron como se sentiron e tamén falamos do significado da tolerancia e da igualdade no deporte. Foi unha actividade interesante e sobre todo, formativa.
Déixovos algunhas imaxes desta sesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario