De éxito absoluto podemos calificar á organización do festival que hoxe celebrouse no noso IES. O alumnado de 4º A pasou con nota esta proba, recibindo os parabéns de tódolos asistentes.
Transformaron o pavillón nunha fermosa e alegre praza onde, sobre o escenario, o alumnado dos diferentes cursos amosounos o seu bo facer no cante e no baile. O festival rematou co acto de graduación do alumnado de 4º, ao que dende aquí lle desexamos o mellor dos futuros.
Para despedirnos ata o próximo curso, deixámosvos unhas fotos do bonito que quedou o pavillón, xunto cunha foto dos organizadores.
Bo verán para tod@s!!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario