O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo

miércoles, 13 de enero de 2021

O alumnado do IES AS Bizocas participa nun estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia

Este pioneiro estudo sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, nace da colaboración entre Unicef e a Facultade de Psicoloxía de Santiago e pretende obter unha visión comprensiva e inclusiva do impacto da tecnoloxía nos adolescentes, coñecendo de primeira man as inquietudes e hábitos de ocio das e dos adolescentes españois, especialmente en todo o relacionado co uso de Internet, as redes sociais, os videoxogos ou o ciberacoso.

O estudo vaise levar a cabo en mais de 400 centros educativos de toda España, participando nel arredor de 100.00 estudantes. Cando se remate, teremos os resultados relativos ao noso centro.

Aquí vos deixo unhas imaxes dun dos nosos grupos de alumnas/os mentres estaban participando no estudo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario