O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez

O único imposible é aquilo que non se intenta unha e outra vez
O único fracaso é deixar de intentalo

jueves, 13 de mayo de 2021

Celebración do Día das Letras Galegas 2021

O alumnado de 4ºA organizou para os estudantes de 1º, un evento para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020 e 2021. Organizaron diferentes actividades a través das cales os estudantes de 1º coñeceron aos escritores homenaxeados tanto no 2020 (Ricardo Carvalho Calero) como no 2021 (Xela Arias), así como diferentes aspectos das súas vidas e obra literaria. Foron actividades que mesturaron coñecementos, actividade física e moito inxenio deductivo. Aquí vos deixo unas fotografías deste día. Parabéns aos organizadores!

miércoles, 7 de abril de 2021

4º ESO. Actividade interdisciplinar entre os Departamentos de Educación Plástica e Visual, Tecnoloxía, Francés e Educación Física

Os carteis publicitarios que se amosan, son o resultado dun traballo interdisciplinar que o alumnado de 4º ESO fixo no segundo trimestre. A partir da Ud de Xogos alternativos (Educación Física), tiveron que facer un póster publicitario do xogo creado (Educación Plástica e Visual) no que ademais dun mapa conceptual cos contidos traballados,fotografías das sesións de xogos levadas a cabo e a información básica do xogo, tiveron que incluir un código Qr (Tecnoloxía) que recollese como o xogo creado contribuía ao desenvolvemento dos diferentes ámbitos da SAÚDE (ámbito físico, psicolóxico e ámbito social). A información podían poñela en francés (Francés) ou en galego. Foi un traballo de equipo laborioso, pero penso, altamente gratificante á vista do seu resultado. Parabéns ao alumnado e ao profesorado implicado :)

martes, 16 de febrero de 2021

O coronavirus non pode co entroido no IES As Bizocas

Neste curso tan estraño, a comunidade educativa do IES As Bizocas non quiso deixar de celebrar o entroido. Este ano houbo concurso de disfraces e de espantallos. Nas fotografías podedes ver a creatividade da que fixo gala o noso alumnado.